A casa

Benvido o noso fogar.

Estimado huésped. Sea bienvenido a nuestro hogar. Le agradecemos la confianza depositada en nuestro alojamiento y deseamos que su estancia entre nosotros y en nuestra vieja tierra le resulte agradable. Por favor, no dude en comunicarnos cualquier incidente o necesidad que le surja en relación con nuestras instalaciones y servicios - es nuestro objetivo mejorar día a día y es por ello que sus opiniones se hacen imprescindibles.

En las páginas que siguen hemos redactado un pequeño documento que resume información relativa a la casa y el entorno que esperamos pueda resultarle de interés. No dude en preguntarnos si desea información adicional sobre algún tema.

A casa

As fincas que rodean a vivenda son propiedade da familia Pena. Todas elas foron acondicionadas para que os hóspedes poidan gozar da tranquilidade e o sosego que desprende o lugar. Para iso, creáronse ao redor do río diversas zonas de xardín provistas con bancos rústicos, así como camiños e escaleiras para salvar os desniveis. O enclave é idóneo para relaxarse coa lectura e o paseo.

Desde o exterior pode apreciarse claramente a estrutura en tres corpos do edificio. No primeiro atópanse o comedor, o salón e a cociña. No segundo áchanse o ático cos cuartos dos propietarios e o museo etnográfico, así como tres habitacións para hóspedes. No terceiro, finalmente, están o resto das habitacións.

 

Historia

Os documentos máis antigos relacionados coa casa datan de finais do século XIX. En 1892, o avó da actual dona realizou unha permuta co Marqués de Montesacro, do que era apoderado, pola que adquiriu unha primeira vivenda que se correspondería coas zonas actuais do comedor e o salón (¿). Nembargantes, é moi posible que esta casa primitiva tivera xa uns trescentos anos, pois as técnicas construtivas empregadas son similares ás doutras construcións das que si se gardan documentos que testifican unha antigüidade de case tres sécalos. O peculiar xeito de traballar a pedra, empregando bloquees como os que se poden ver nas xambas da porta, o vertedoiro ou o forno, sería un deses rasgos. Certos restos tallados atopados durante as tarefas de rehabilitación levadas a cabo en 1998, hoxe expostas no museo, poderían incluso remontarse a etapas prerromanas (o prerrománicas?).

Ao redor do ano 1908 realizouse unha importante ampliación que lle proporcionou á casa o seu aspecto actual, coa súa característica división en tres corpos. Pero será en 1948 cando o pai da actual dona modernice as instalacións e acade os permisos precisos para aproveitar a enerxía hidráulica. Hoxe convertida en casa de turismo, O Muíño de Pena (ou, como se a coñece nos arredores, A Maquía de Pena) converteuse no centro dunha auténtica industria incipiente. Empregando como forza motriz o salto de auga do río para acometer labores como a moenda do gran e o serramento de madeira, proporcionou durante décadas un servizo indispensable aos veciños da zona.

A súa importancia chegou a ser clave cando, en 1949, unha tremenda sequía fixo inservibles os muíños da comarca, impedindo a obtención de fariña e a realización doutras tarefas entón esenciais para a supervivencia. O pai da actual dona adquiriu unha máquina de combustión externa que operaba coa madeira que ardía no exterior da casa. Cun operario presente permanentemente, a devandita máquina funcionou día e noite ininterrompidamente durante tres meses co obxectivo de cubrir as necesidades da comunidade. O ruído xerado polo novedoso volante que accionaba un mecanismo de poleas e correas era semellante ao dun martilleo constante e acabou facéndose familiar para todos os habitantes da zona. Esta iniciativa empresarial posibilitou que os panadeiros cocesen as súas fogazas, que os veciños mulisen o seu gran e que outros artesáns serrasen as súas táboas nun verán especialmente difícil. Ao mesmo tempo, a casa convertíase nun lugar de encontro especialmente comunicativo para as xentes, que conversaban e contaban as novas mentres agardaban pacientemente a súa quenda para moer ou serrar.

A fábrica seguiu traballando ata a década dos setenta, se ben nos últimos anos xa só se empreñaba como muíño. Para entón o pai da dona construíra un serradoiro dotado con tecnoloxía moderna que funcionaba con enerxía eléctrica.

No ano 1998 comezaron os traballos de rehabilitación da vivenda, que duraron catro anos. En xaneiro de 2003, O Muíño de Pena abre de novo as súas portas ao público, pero esta vez convertido nunha casa de turismo rural que mantén, nembargantes, todas as pegadas das actividades anteriormente desenvolvidas, expostas nun pequeno museo etnográfico e na atmosfera global da casa. Nesta nova etapa, o lugar pretende non só ofertar un óptimo servizo de hospedería e restauración, senón tamén tratar de transmitir aos seus visitantes o sobrio encanto dos saberes artesanais, e a atmosfera distendida e amable do lugar de encontro tradicional dunha comunidade

 

O comedor

O comedor posúe unha capacidade de oitenta comensais e nel sérvense os almorzos, xantares e ceas que os hóspedes solicitan. Tamén se celebran banquetes, se se encargan previamente. La estancia destaca polo seu teito, no que se poden ver as grosas e antigas vigas, o escorredoiro de auga e o forno de pan, que foi coidadosamente recuperado e que agora forma parte da lareira. Sobre esta cheminea galega típica poden observarse os utensilios tradicionalmente empregados para cocer pan. Dentro do mobiliario, destaca o chineiro no que se garda a cristalería e a coitelería e o armario que se emprega para os pratos.

Existe un salón situado sobre o comedor onde os hóspedes poden acceder a unha pequena biblioteca e videoteca. Hai vídeo, lector de DVD e TV dixital con conexión a satélite.

 

Museo

O Muíño de Pena alberga no seu interior un coidado museo etnográfico, que confire á casa o seu carácter propio ao recoller a esencia do seu pasado y, ademais, dota ao concello de O Pino do seu primeiro e único museo.

Nel expóñense máis de oitenta pezas que representan os diferentes traballos que se realizaban cando a casa era un centro de traballo tradicional. Na entrada atopamos os muíños. Un deles empregábanse para moer millo e o outro para o trigo. Na restauración deixáronse á vista as pedras dun deles para que se poida comprender mellor como era o seu funcionamento.

No descanso hai diversos obxectos: un conxunto de pedras moi antigas atopadas durante a restauración do recinto; un muíño de arroz vietnamita; os antigos instrumentos para medir o gran (ferrados) e ata unha balanza romana.

No sochán hai un rodicio de muíño tradicional en perfecto estado. Ao baixar o pequeno desnivel vemos o eixo que transmitía a forza precisa para o seu funcionamento. Accionábase do seguinte xeito: gracias ao salto de auga, unha turbina movía un eixo primario, situado onde está agora o rodicio móbil. O devandito eixo puña en marcha o principal eixo mediante unha ancha correa á que se suxeitaban varias poleas. Delas saían máis correas: unhas hacia os muíños e outras hacia a serra e a cepilladora, que estaban nun piso superior destinado a labores de carpintería. Consérvase a serra orixinal, dunha antigüidade de aproximadamente cento corenta anos. Ao redor dela amósanse varias ferramentas que se empreñaban para a obtención do lino, tarefa que se realizou durante unha época mediante un batán instalado no pequeno meandro do río.

Por último, nunha vitrina pegada á parede, recóllense utensilios empregados no pasado nos traballos de carpintería e forxa.

Se desexan máis detalles acerca do funcionamento dos diversos mecanismos, ou consultar a documentación antiga referente á casa, por favor non dubiden en comunicarllo a calquera dos membros da familia, que responderán gustosos a calquera dúbida ou curiosidade.