La casa

Modern, clean design and neutral tones slow the pace when you're ready to unwind.

    Vistas o río e o prado da Fonte

    O Muíño de Pena dispón de sete habitacións para hóspedes, todas equipadas con cuarto de baño, televisión e conexión a Internet. Catro teñen cama de matrimonio e as tres restantes dúas camas individuais. Un dormitorio está preparado para aloxar persoas con minusvalía, por lo que posúe maior amplitude e as súas camas son ergonómicas con motor eléctrico.

    As habitacións destacan pola súa esmerada decoración, que respecta a idiosincrasia tradicional da vivenda. Os delicados xogos de cama e as cortinas foron elaborados pola propia familia. Os cabezais de ferro das camas e os apliques de subxección das lámparas, ao igual ca maioría das ferraxes de portas e ventás, foron forxados de xeito artesanal por un ferreiro, tío da propietaria.

    Cada habitación e cada baño teñen a súa propia personalidade, pero a presenza de madeiras nobres, de ferro e de pedra é o denominador común de todas. En todo momento procurouse crear un ambiente harmónico e confortable que conxugase as comodidades actuais coa vontade de preservar a esencia das construcións tradicionais.