O Noso Restaurante

non so durmir

O comedor posúe unha capacidade de oitenta comensais e nel sérvense os almorzos, xantares e ceas que os hóspedes solicitan. Tamén se celebran banquetes, se se encargan previamente. La estancia destaca polo seu teito, no que se poden ver as grosas e antigas vigas, o escorredoiro de auga e o forno de pan, que foi coidadosamente recuperado e que agora forma parte da lareira. Sobre esta cheminea galega típica poden observarse os utensilios tradicionalmente empregados para cocer pan. Dentro do mobiliario, destaca o chineiro no que se garda a cristalería e a coitelería e o armario que se emprega para os pratos.

Existe un salón situado sobre o comedor onde os hóspedes poden acceder a unha pequena biblioteca e videoteca. Hai vídeo, lector de DVD e TV dixital con conexión a satélite.